Nos versos de Uxío Novoneyra, Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo Andión, Manuel María e moitos outros poetas, atopamos a Xosé María Díaz Castro. Nas terras de Guitiriz, respiramos ó poeta. Nos nimbos de luz intuímos a súa presenza. Nos pasos de Galicia asoma o seu poema máis coñecido. Pero dende o IES As Mariñas queremos coñecer ó autor seguindo outros sucos. Velaquí a nosa radio.
Os efectos de Díaz Castro![]() |
Redacción do IES As Mariñas Radio |
A través das verbas poéticas de Xosé María Díaz Castro, os alumnos fixeron estas ambientacións sonoras na que eles mesmos fan os diferentes sons evocadores.
- A cerna
- Cortina
- O verme i a estrela
- Mociña Esmeralda
- Penélope
Historias por, dende e para Díaz Castro
Dende o máximo respeto e tamén dende a máxima creatividade, fuximos do convencional e escoitamos unha e outra vez como flúen as verbas das mentes destes marabillosos alumnos que arrancan as súas historias cas famosas frases creadas polo poeta.
- Unha estrela no ceo
- O cadro
- Música por Díaz Castro
- Nimbos, luz na sombra
- Galicia estancada
- Filomena
- O pleno
- Lorenzo
- Sol
- Verbas de nai
- Tristeza
- O neno Díaz Castro
- O resplandor
- Outono
![]() |
Redacción bis do IES As Mariñas Radio |
Publicitando a Díaz Castro e ás Letras Galegas
Cuñas creativas nas que Díaz Castro e o Día das Letras Galegas son o epicentro desta divertida maneira de achegarse a un gran autor e a un gran día.
- Ama a túa terra
- Xente de aquí
- Nimbos, luz na sombra
- O neno e o vello
- Díaz Castro, poesía galega
- Máis galego que Díaz Castro
- Fala galego, non é tan difcil, Letras Galegas 2014
- Letras Galegas deportivas 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario